24 de enero de 2013

Concello de O Corgo, contratación dunha praza de educador/a familiar y unha praza de informador/a xuvenil

A convocatoria ten por obxecto a selección dun candidato/a, así como a formación dunha bolsa de
emprego.
I. Educador/a familiar:
Selección dun candidato/a para o desempeño temporal do traballo de educador/a familiar nos termos
establecidos na cláusula oitava destas bases.
II. Informador/a xuvenil
Selección dun candidato/a para o desempeño temporal do traballo de encargado/a da oficina municipal de
información xuvenil e do telecentro.

Consulta das bases no BOP
Concello de O Corgo

Contratación dun psicólogo/a no Concello de Oroso

O Concello de Oroso convoca a selección de 1 psicólogo/a mediante contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado así como creación de bolsa de emprego para cubrir prazas de xeito temporal de psicologo/a de servizos sociais.

Bases da convocatoria no BOP
Concello de Oroso

Cursos gratuitos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis do Celga 1-2-3-4

Resolucióndo 27 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Política
 Lingüística, pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos/as) e colectivos de Galicia, no ano 201.

Prazo de solicitude: ata o 25 de xaneiro de 2013.

16 de enero de 2013

Convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2013.

Destinatarios/as.
As persoas maiores de 16 anos ou que os fagan antes de finais do ano 2013, nacionais ou estranxeiras.

Prazo para presentar as solicitudes: ata o 3 de abril de 2013.

10 de enero de 2013

Seleción dunha praza de "Axente TIC" no Concello de San Sadurniño


O Concello  de San Sadurniño acaba de publicar as bases para a contratación dun/ha axente de dinamización TIC para a aula da rede CEMiT de San Sadurniño.

Prazo de solicitude: ata o 21 de xaneiro de 2013.

3 de enero de 2013

Deputación Provincial de Pontevedra convoca 74 bolsas de práctica laboral para titulados/as universitarios/as en centros e servizos dependentes da Deputación Provincial


As bolsas están destinadas a mozos e mozas con titulación universitaria e sen experiencia laboral previa.
A finalidade é promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. Estas bolsas teñen unha dotación económica de 800,00 €/mes.

Prazo de presentación de instancias: dende o día 3 ata o día 25 de xaneiro de 2013.

Deputación de Pontevedra convoca 195 bolsas de práctica laboral para titulados/as universitarios/as nos concellos de provincia.

As bolsas están destinadas a mozos e mozas con titulación universitaria e sen experiencia laboral previa. A finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral.
Estas bolsas teñen unha dotación económica de 800,00 €/mes.


Prazo de presentación de instancias: dende o día 3 ata o día 25 de xaneiro de 2013.