A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2013.
Destinatarios/as.
As persoas maiores de 16 anos ou que os fagan antes de finais do ano 2013, nacionais ou estranxeiras.
Prazo para presentar as solicitudes: ata o 3 de abril de 2013.
Datas de realización das probas:
- Celga 4: 1 de xuño de 2013.
- Celga 2: 2 de xuño de 2013.
- Celga 3: 8 de xuño de 2013.
- Celga 1: 9 de xuño de 2013
Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Barcelona, Madrid, Ponferrada.
Consulta DOG