3 de enero de 2013

Deputación de Pontevedra convoca 195 bolsas de práctica laboral para titulados/as universitarios/as nos concellos de provincia.

As bolsas están destinadas a mozos e mozas con titulación universitaria e sen experiencia laboral previa. A finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral.
Estas bolsas teñen unha dotación económica de 800,00 €/mes.


Prazo de presentación de instancias: dende o día 3 ata o día 25 de xaneiro de 2013.


Instancias: as instancias dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no modelo oficial ANEXO II das bases, no rexistro xeral da institución provincial.

Na instancia farase constar a bolsa solicitada, por centro e titulación, e o número de expediente.

Consulta das bases (pax. 18).