3 de enero de 2013

Deputación Provincial de Pontevedra convoca 74 bolsas de práctica laboral para titulados/as universitarios/as en centros e servizos dependentes da Deputación Provincial


As bolsas están destinadas a mozos e mozas con titulación universitaria e sen experiencia laboral previa.
A finalidade é promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. Estas bolsas teñen unha dotación económica de 800,00 €/mes.

Prazo de presentación de instancias: dende o día 3 ata o día 25 de xaneiro de 2013.

Instancias: as instancias dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no modelo oficial ANEXO II das bases, no rexistro xeral da institución provincial.
Na instancia farase constar a bolsa solicitada, por centro e titulación, e o número de expediente.
Consulta das bases (pax. 10).