10 de enero de 2013

Seleción dunha praza de "Axente TIC" no Concello de San Sadurniño


O Concello  de San Sadurniño acaba de publicar as bases para a contratación dun/ha axente de dinamización TIC para a aula da rede CEMiT de San Sadurniño.

Prazo de solicitude: ata o 21 de xaneiro de 2013.

Trátase dun contrato de 1 ano de duración e cun horario de 20 horas semanais con flexibilidade de mañá e tarde. A misión da persoa seleccionada será a de atender os usuarios da rede CEMiT de San Sadurniño e propoñer actividades entre a veciñanza encamiñadas á súa inclusión na sociedade da información e da tecnoloxía. O salario estipulado é de 10 mil euros brutos anuais.

Consulta das bases